Aeroporto de Londres-Southend London Southend Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Civil | ||
Propietario | Stobart Group | ||
Operador | London Southend Airport Company Ltd. | ||
Cidade/Illa | Southend, Essex e Gran Londres | ||
Localización | Rochford, Essex | ||
Elevación (msnm) | 55 metros / 17 pés | ||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
05/23 | 1856 | 6089 | asfalto |
O Aeroporto de Londres-Southend (IATA: SEN, ICAO: EGMC) é un aeroporto internacional no distrito de Rochford en Essex, Inglaterra, aproximadamente a 68 quilómetros (42 mi) do centro de Londres[1].
Durante a década de 1960, Southend foi o terceiro aeroporto máis transitado no Reino Unido[2]. Mantívose como o terceiro aeroporto de maior tráfico de pasaxeiros de Londres até a fin da década de 1970, cando o papel de "terceiro aeroporto de Londres" pasou a Stansted[3]. Despois da súa compra por parte de Stobart Group en 2008, que estableceu un programa de constante desenvolvemento, cunha terminal de nova construción e a torre de control, e un servizo de tren regular que vai desde a estación do aeroporto de Southend á Liverpool Street no centro de Londres.
EasyJet comezou os seus servizos mediante a apertura dunha base en abril de 2012. A empresa irlandesa Aer Lingus Regional iniciou voos regulares a Dublín en maio dese mesmo ano. Como resultado, o aeroporto experimentou un rápido aumento no número de pasaxeiros. Arredor de 617.000 pasaxeiros utilizaron o aeropuerto durante o ano 2012. Con 721.661 pasaxeiros nos 12 meses seguintes ao inicio destes servizos. O número de pasaxeiros creceu até aproximadamente 970 000 en 2013. O operador aeroportuario espera aumentar o número de pasaxeiros a dous millóns para o ano 2020.